Inicio arrow Historial  
  • galego
  • español
 
Historial Imprimir Correo-e

O grupo de Xenética Forense do Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago leva realizando análises de parentesco e criminalística desde 1978, tanto a nivel nacional como internacional. Os membros do laboratorio pertencen á ISFG (International Society of Forensic Genetics) e ó GEP-ISFG (Grupo Español e Portugués da ISFG).


O laboratorio de Xenética Forense do Instituto de Medicina Legal de Santiago é o único laboratorio nacional que forma parte da EDNAP (European DNA Profiling Group) que é un grupo de estandarización e validación de marcadores de ADN e novas tecnoloxías para o uso forense en Europa.

A investigación de novos sistemas de ADN así como a utilización de novas tecnoloxías para mellora-la calidade e fiabilidade das análises, foi e é unha parte importante do noso traballo. Como froito delo publicáronse 200 artículos científicos nas máis prestixiosas revistas internacionales especializadas en xenética forense e tecnoloxía, o que fai que o grupo esté entre los primeiros do mundo en producción científica neste campo.

Parte deses traballos de investigación realízanse en colaboración con laboratorios de Xenética Forense Europeos avalados por Proxectos Europeos concedidos pola Comunidade Económica Europea e outros moitos resultado de colaboracións con laboratorios de todo o mundo.

Última actualización ( lunes, 25 de septiembre do 2006 )
 

 
©2008 Xenética Forense
 
Stats by BBClone Valid XHTML 1.0 Transitional Valid CSS