A análise dos polimorfismos de ADN nos que se basan os estudios de paternidade teñen como base a obtención dun perfil xenético das persoas das cales se quere establece-la relación de parentesco. Este perfil xenético é específico para cada persoa (salvo en xemelgos univitelinos). Estos polimorfismos de ADN ríxense polas leis de herdanza mendeliana simple polo que conociendo o perfil xenético dun individuo podemos determinar, sempre en términos de probabilidade, o parentesco entre diferentes persoas.
As probas de paternidade son as probas que máis frecuentemente se realizan, nembargantes tamén se levan a cabo probas de maternidade e outro tipo de relación de parentesco como irmandad, avoidade, relacións tío/a-sobriño/a etc.
Proba biolóxica de paternidade
¿Qué é? É unha proba biolóxica mediante a cal pódese establecer cunha probabilidade moi alta unha relación paterno-filial ou no seu defecto excluíla.
¿En que consiste? Na análise dunha serie de marcadores xenéticos de ADN que son específicos de cada persoa pero que cada pai transmite aleatoriamente ó seu fillo nun 50% (herdanza mendeliana simple).
¿É unha técnica fiable? Unha proba biolóxica de paternidade realizada coas condicións adecuadas (número de polimorfismos de ADN analizados, aplicacións das recomendacións internacionáis, análise estadística adecuado) é totalmente fiable tanto para confirmar unha paternidade como para a súa exclusión.
¿Qué mostras se necesitan? Nunha paternidade onde as persoas implicadas estén vivas recóllese saliva ou sangue (estas mostras extraeranse no Servicio de Xenética Forense, ou no seu defecto poderán ser enviadas acompañadas de tódolos requisitos establecidos por este laboratorio para mante-la seguridade e la fiabilidade da análise). Naquelas paternidades onde o presunto pai finou requírese a toma de mostras tales como osos longos ou moáis (as mostras serán enviadas polo Xulgado que estime a exhumación cadavérica).
¿En que suppstos pódese facer unha proba de paternidade? Cuando teñamos:
Presunto pai-nai-fillo/a
Presunto pai-fillo/a
Avós paternos-neto/a (fillo/a do presunto pai)
Restos cadavéricos do presunto pai-fillo/a
Presunto pai-líquido amniótico (diagnóstico prenatal)
Proba de maternidade
Esta proba básase nos mesmos principios que a prueba biolóxica de paternidade pero nesta o que se interroga é a maternidade e pódese realizar nos mesmos supostos que a paternidade biolóxica.
Proba biolóxica para determinar outro tipo de parentesco.
As probas, deste tipo, máis frecuentes son a análise de mostras de avós paternos e neto/a, probas de irmandad e de relación tío/a-sobriño/a.
Proba biolóxica de paternidade/maternidade a partires de restos cadavéricos
As probas deste tipo, que son normalmente por petición judicial, realízanse a partires da extracción de ADN de pezas dentarias ou de osos. Unha vez obtido o ADN a prueba realízase coma unha proba normal de paternidade e a súa fiabilidade é a mesma.